Coñecemos na voz de Olga Novo a xornada que se vai celebrar este sábado día 19 de febreiro en Monforte de Lemos, na casa de cultura Lois Pereiro e no monte de San Vicente que constitúe unha nova xuntanza de homenaxe e de estudo, na cal diversos historiadores se ocuparán da análise do movemento das Irmandades e en especial do acontecido na IV Asemblea que cumpre 100 anos, así como da centralidade proletaria do lugar de Lemos naquela Galicia de comezos de século. Unha xornada tamén festiva, aberta a toda a veciñanza e con participación da mocidade monfortina.
3º Programa Radio Ferroviario
Novo programa de RADIO COLEXIO FERROVIARIO coa encargada de realizar a actividade de teatro no centro Francisca Abeledo que contesta as preguntas que preparan cada alumn@.










