Coñecemos na voz de Olga Novo a xornada que se vai celebrar este sábado día 19 de febreiro en Monforte de Lemos, na casa de cultura Lois Pereiro e no monte de San Vicente que constitúe unha nova xuntanza de homenaxe e de estudo, na cal diversos historiadores se ocuparán da análise do movemento das Irmandades e en especial do acontecido na IV Asemblea que cumpre 100 anos, así como da centralidade proletaria do lugar de Lemos naquela Galicia de comezos de século. Unha xornada tamén festiva, aberta a toda a veciñanza e con participación da mocidade monfortina.
«LOS HEROES OLVIDADOS» adicado a Michael Jackson
Chega o impresionante programa "LOS HEROES OLVIDADOS" adicado a Michael Jackson, descubriremos moitas cousas deste inigualable artista co noso colaborador Adrian Rodriguéz de EuForte Coaching